A Capela de Santa Mariña de O Obre
A Deputación provincial de A Coruña ven de aprobar unha partida de 90.000 euros para a rehabilitación da Capela de Santa Mariña de O Obre.
O venres 17 de Xullo xunto co presidente da Deputación de A Coruña visitei esta capela, acompañado pola directiva da asociación Cultural Santa Mariña de O Obre.
Para o comezo das obras aínda haberá que agardar varios meses, xa que aínda hai que asinar convenios, aprobala licenza municipal, etc. As obras consistiran principalmente na mellora do estado exterior da capela, co cambio de cuberta, limpeza xeral, novo enfoscado exterior e unha serie de obras que colaboraran a conservación dunha das edificacións relixiosas mais importantes de Noia.

3 comentarios:
Haberá que felicitar, pois a xente da asociación veciñal do obre, qué "esforzo e traballo " puxeron en sacar a diante este ESTUPENDO proxecto!.FELICIDADES A TODOS!e a todos aqueles que colaboraron desinteresadamente co seu esforzo, dedicación e traballo, a pesar de permancer no olvido duns cantos... Felicidades tamén para o sr Moreda
Tirando a dar:
Por favor señor Alcalde, non nos faga parvos.
Chame aos do Guinnes para dar conta do seu reco, debe se-lo primeiro político que acada unha subvemción en menos de 24 horas.
Podería dicir moito máis, pero sobran as palabras.
A ver cando lle toca a de San Bernardo, que un día destos vai a vir abaixo.....pero claro, o Obre é socialista (ou era, jaja)!!
Publicar un comentario en la entrada